A ruta parte da serra de O Xistral. Esta zona foi declarada Espacio Natural Protexido e forma parte da Rede Natura 2000 (serie de espazos proteidos a escala da Unión Europea con obxecto de salvagardar os espazos naturais máis importantes de Europa.
O camiño comenza deixando a sus costas o monte Cadramón 1046 metros, máxima elevación do cordal da Sierra do Xistral, que separa a Mariña da Terra Chá unha barreira fronte a progresión dos frontes atlánticos, o que orixina unha elevada pluviosidade.
Neste primeiro tramo, que discorre a dereita dunha alambrada, atopámonos nunha zona de densas néboas, na que os ventos axitan fortemente os montes durante todo o ano. Aquí vamos a encontrar varias turbeiras nas que habitan gran cantidade de cabalos e vacas libres, e prosperan especies endémicas (propias da zona).
La ruta adoptou este nome da pena “abaladoira” (que se balancea) situada ao inicio do recorrido. A pena es una bola granítica de forma oval ou fálica, que se asenta sobre pedra viva e que se balancea con un lixeiro empuxón de varias persoas. Tal movemento era atribuído a natureza divina. Foi usada con varios fines: fertilidade, adivinatoria, xuízos (ordalía).
O recorrido desta ruta faise por unha antiga ruta xa existente que unía os que hoxe en día son os concellos de Alfoz e Abadín.
Continuando co descenso, deixaremos a nosa esquerda unha zona boscosa coñecida como a Fraga da Moradoira.
Máis adiante no recorrido, pasaremos cerca de un furado, antiga estrutura feita a man, consistente en un furado con uns muros case verticais, que servía para capturar lobos. Para a captura, poñíase no seu interior unha presa a vista do lobo, de maneira que, unha vez dentro do foso, a forma das súas paredes impedía que este fuxira.
Outro elemento destacable no recorrido son as turbeiras. Trátanse de ecosistemas húmidos e dinámicos nos que predomina o estancamento da agua.
Aquí para cruzar un regueiro hai que buscar o sitio adecuado, pois no hai ponte nin sinais que sinalen a ruta nin o lugar adecuado para vadealo.
Dende aquí descendemos cara o río Guilfonso a través de sendeiros e camiños públicos pasando por diante de elementos etnográficos como el Cruceiro de Faián, o Cruceiro de A Caxigueira ou o Cruceiro de Auga Longa, si optamos por coller a variante máis longa.
Ao chegar ao punto quilométrico 5,3 do recorrido, poderemos tomar o desvío que conduce a unha das xoias da ruta: a Fervenza de Escouridal,(aínda que mais que fervenza é un rápido o cal se arrastra pola pena, non por eso menos espectacular) no río Guilfonso, afluente do río Ouro, que divide os concellos de Alfoz e O Valadouro. O acceso é un pouco dificultoso axudándose de unha corda. Hai un miradoiro de madeira anterior, para ver as pozas superiores.
Despois de visitar Esouridal volveremos sobre os nosos pasos e no cruce seguiremos de fronte ata a carretera que seguiremos ata a taberna de Candido onde deixamos o coche que nos levara ata recoller os outros que deixamos ao inicio da ruta
.
Powered by Wikiloc